Saltar ao contido

Asociación Cultural Ardóbriga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Cultural Ardóbriga
Tipoasociación cultural
Data de fundación24 de outubro de 2008
SedePontedeume
PaísGalicia
Na rede
Facebook: ardobriga Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ardóbriga, asociación cultural para a protección do patrimonio é unha asociación cultural creada en Pontedeume o 24 de outubro de 2008 coa finalidade de protexer o patrimonio cultural en xeral, salvagardar as estacións arqueolóxicas existentes, e conservar o patrimonio toponímico. A motivación principal do grupo de persoas que crearon a asociación foi, nas súas propias palabras, a toma de conciencia do risco de desaparición do patrimonio cultural legado polas xeracións pasadas e do que a sociedade actual semella non ser quen de transmitir para uso e desfrute das vindeiras.

O seu ámbito de acción é o do territorio que hoxe ocupan os concellos de Miño e Pontedeume. Estes dous municipios manteñen unha estreita relación desde tempos remotos manifestada na súa pertenza secular ao arciprestado de Pruzos; na espectacular estación arqueolóxica do castro de Centroña-Perbes, cuxo soar se espalla por ambos concellos e no que converxen catro límites parroquiais; e no santuario do monte de Breamo, de probables orixes precristiás.

Actividades

[editar | editar a fonte]

As actividades da asociación clasifícanse en dous tipos: as de comunicación coa sociedade e as de investigación. Entre as primeiras están as conferencias e charlas, excursións culturais, obradoiros e publicacións de artigos e estudos en revistas especializadas. No programa de investigación destacan os proxectos da toponimia dos concellos de Pontedeume e Miño, os dos castros de Centroña e da Insua, e o do Fondo documental e bibliográfico Ardóbriga.

Para levar a cabo as actividades mencionadas, a asociación conta cos seguintes recursos:

  • Un capital humano formado por persoas de diversa orixe e formación, con experiencia en estudos históricos e documentalistas.
  • Contactos co mundo académico e profesional da historia e da arqueoloxía, así como con empresas de recoñecido prestixio dedicadas á dinamización cultural e á divulgación e posta en valor de recursos patrimoniais.
  • Intercambios de experiencias e recursos con outras asociacións similares.
  • Promoción da catalogación e rexistro dos bens patrimoniais de tipo material.
  • Colaboración coas institucións de goberno —concellos, Deputación e Xunta— para acadar obxectivos comúns, como poden ser a posta en valor dos bens do patrimonio cultural, a conservación do patrimonio inmaterial da toponimia, a divulgación e coñecemento do patrimonio cultural e, en xeral, o fomento na sociedade de actitudes positivas e valorativas de cara á conservación do patrimonio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]